Friday 22 de November de 2024

Mobilidade reduce o límite de velocidade a 30 km/h en varios tramos do túnel de María Pita


Con esta determinación, preténdense evitar situacións perigosas nas e nos motoristas debido ás filtracións de auga que hai en varios puntos deste paso subterráneo

Mobilidade reduciu a velocidade en varios tramos do tritúnel debido ás filtracións de auga. Para evitar situacións de perigo nas persoas motoristas, diminuíuse o límite até os 30 km/h practicamente na totalidade do paso subterráneo. Esta medida estendeuse tamén ao tramo final que deriva na praza das
Atochas ao considerar que o límite establecido até o de agora de 50 km/h era excesivo dada a pendente. Canto se solucione a incidencia, a concellería volverá revisar o tema de cara a garantir a máxima seguridade das e dos coruñeses.