O Sergas organiza e coordina estas probas nas que se citará a ao redor de 2.300 persoas de entre 18 e 60 anos.
O Sergas levará a cabo desde mañá, domingo 4 de abril, ata o martes 6 de abril un cribado mediante proba PCR no municipio de Carral.
O obxectivo é citar a ao redor de 2.300 veciños e veciñas de entre 18 e 60 anos para detectar posibles asintomáticos e conter a evolución da situación epidemiolóxica. As probas realizaranse no centro de saúde do municipio. As persoas citadas recibirán un mensaxe SMS do Sergas (encargado de organizar e coordinar o cribado) no seu teléfono móbil coas indicacións oportunas. Ao ser un proceso informatizado o Concello non ten opción a participar.
O equipo de goberno anima aos veciños e veciñas citados polo Sergas para acudir á proba para detectar posibles novos casos de covid-19 no municipio e así contribuír a frear a expansión dos contagios no termo municipal.