Saturday 16 de November de 2024

Os veciños e veciñas de Carral elixen o nome rúa das Panadeiras para bautizar un lugar público do municipio


O proceso participativo que o Concello organizou para conmemorar o Día da Muller recibiu máis de 200 votos por parte da cidadanía.

Concello de Carral bautizará unha rúa, praza ou lugar público do municipio co nome de rúa das Panadeiras. Esta foi a proposta veciñal máis votada no proceso participativo que o Concello puxo en marcha para conmemorar o Día da Muller. A iniciativa realizouse a través da app Cuida Carral, e recibiu unha vintena de proposicións e máis de 200 votos.
O goberno local sinala que a intención deste proceso de participación era “levar a igualdade ás rúas e conseguir que houbese máis puntos do municipio cun nome de muller”. O executivo celebra a elección da cidadanía, sobre todo tendo en conta que “enxalza o labor e a tradición dun colectivo fundamental para Carral como son as panadeiras”.
Desde o equipo de goberno indican que o bautismo se realizará en canto se atope o lugar adecuado e atendendo á evolución da situación sanitaria.