Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra ofrece levar compras de alimentos ou medicamentos á veciñanza confinada e que viva soa


O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), ofrécelle á veciñanza do municipio que viva soa e optase por se confinar debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, especialmente a xente maior, a posibilidade de levarlle á súa vivenda compras de alimentos ou medicamentos, entre outras necesidades.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e realiza-la petición a través do teléfono de contacto do Concello, 981843280, ou dos Servizos Sociais, 981832764, marcando as extensións 2204 e 2200. Deseguido, a referida área valorará a situación persoal das persoas solicitantes e poñerase en contacto cos voluntarios e voluntarias da Protección Civil para realiza-las xestións oportunas.