Os traballos de construción da nova senda mariñeira que vai unir polo litoral Area Secada e o porto da Ameixida permitiron sacar á luz na contorna da área de actuación unha pequena fonte que permaneceu oculta pola maleza.
Este elemento patrimonial está situado no lugar coñecido como piñeiral do Reboredo, preto de Area Secada.
Deste xeito, dáse continuidade un labor de recuperación do patrimonio tradicional, froito do cal se concluíu hai escasas semanas a restauración do lavadoiro de Vixán (Carreira), ademais de arranxar estes días a fonte veciñal dos Muíños (Oleiros) e o pintado do lavadoiro dos Remedios en Deán Pequeno.
Cómpre lembrar que esta serie de actuacións terá continuidade a través da recuperación do lavadoiro de Ameneiro e o seu contorna, en Santa Uxía de Riveira: unha acción para que están destinados máis de 25.000 euros.