Friday 22 de November de 2024

O Concello honra a seis campioas e campións nacionais coruñeses


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no pazo municipal de María Pita a seis deportistas que foron campioas e campións de España nas últimas semanas na clase Finn de vela, boxeo, golf, trial e bádminton

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no pazo municipal de María Pita a seis deportistas que foron campioas e campións de España nas últimas semanas: Miguel Fernández Vasco, campión nacional de clase Finn en vela; Emmanuele reyes, campión nacional de boxeo; José Antonio Salgado, campión nacional de golf; Fernando Solórzano, campión nacional de trial na categoría xuvenil; Alba Prado e Paula Noya, campioas nacionais de sub13 de bádminton.

Martínez dirixiuse ás e aos deportistas transmitíndolles “o orgullo e a satisfacción que nos produce ver de novo os deportistas competindo tras uns meses moi duros e a alegría inmensa que nos xeneran os vosos éxitos que, co voso permiso, presumimos deles como cidade”.