Friday 22 de November de 2024

Cancelación da feira do Nadal


A feira do Nadal que ía ter lugar entre os días 23 e 27 de decembro na praza Alcalde Segundo Durán
(praza Maior) cancélase debido á evolución do coronavirus en Galicia e ao peche perimetral de tres dos concellos da comarca do Barbanza.
A pesar de que a cifra de casos na Pobra, a día de hoxe, é 11, dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), preténdese “evitar que o municipio se converta nun atractivo” por estas datas, aínda que a dita actividade se ía desenvolver seguindo tódalas medidas implantadas por mor da COVID-19, con circuítos de entrada e saída, así como zonas de desinfección.