Participan 12 nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as actividades do Nadal Activo. Este programa de conciliación conta cun total de 12 nenas e nenos participantes, que se dividen en dous grupos de 6 asistentes, cumprindo, deste xeito, coas medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19, co fin de ofrecer unhas actividades o máis seguras posible.
As actividades desenvólvense nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de mañá. Ofrécense propostas de lecer de diverso tipo.
Esta primeira xornada comezou cuns xogos de presentación entre as crianzas participantes. A continuación, desenvolvéronse unha serie de obradoiros de cara a crear un vistoso mural con motivos navideños.
O protocolo de actuación para o Nadal Activo comprende a o acceso ás instalacións dun xeito organizado. Realízase un control de temperatura diario e todas as crianzas e as persoas adultas que as traian e veñan a recoller deberán cumprir coas medidas hixiénico-sanitarias básicas: uso de máscara, limpeza de mans con hidroxel e mantemento da distancia de seguridade. As nenas e nenos asistentes deben levar cadanseu material (lapis, goma, afialapis, ceras…) e contar cunha máscara de reposto.