Friday 22 de November de 2024

A Policía Autonómica realizou máis de 32 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a Covid-19


No marco destes controis os axentes levaron a cabo 63 inspeccións en 12 concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 25 persoas
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo, durante esta fin de semana do 18 ao 20 de decembro, 32 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid- 19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 63 inspeccións en 12 concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 25 persoas e a tramitación de 27 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 18 ao 20 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en catro municipios da provincia en Arteixo, Boiro, Carballo, A Coruña, Ferrol, A Laracha, Narón, A Pobra, As Pontes, Ribeira, Santiago de Compostela e Teo.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 126 dispositivos en 43 municipios cun total de 250 inspeccións, con máis de 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.