Friday 22 de November de 2024

Resolta a segunda fase de concesión de licenzas de primeira ocupación en Rego do Can, de Costa Miño


Con isto complétase a urbanización de todas as parcelas edificadas desta rúa, tras a concesión das primeiras 16 licenzas no mes de setembro.

O Concello de Miño ha resolvido en Xunta de Goberno Local a segunda fase de concesión de licenzas de primeira ocupación na rúa Rego do Can, situada na urbanización Costa Miño. Con isto, complétase a urbanización de todas as parcelas edificadas desta rúa, tras a concesión das primeiras 16 licenzas no mes de setembro.
Desde o goberno local, destacan esta situación como ‘tremendamente positiva tanto para a urbanización como para o conxunto do noso municipio; é un impulso e demostra que Miño segue tendo tirón para ser un lugar no que estar e vivir’, sinalan.