A praza do alcalde Ramón José Souto González acollera o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, o
concerto de Nuevo Plan “Os mellores hits do pop nacional”, espectáculo organizado pola concellería de
Cultura no marco do ciclo “Un Nadal diferente”. As entradas para o concerto poranse a disposición do
público este mércores 23 de decembro, ás 9.00 horas, na páxina de Ataquilla.com
(https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/). Serán de balde ate completar aforo (146 localidades) pero cada persoa só poderá reservar un máximo de dous pases, rexistrando os datos das 2 persoas que acudirán ao mesmo.
Dende Concellería de Cultura de Fene infórmase de que o día do concerto os/as espectadores poderán
acceder ao recinto a partir das sete do serán. Recoméndase así mesmo presentarse no punto de control
de acceso con tempo suficiente de antelación xa que a reserva de entradas perderá vixencia se non se
está na fila de entrada 15 minutos antes do comezo do espectáculo. A partir dese momento admitirase a
entrada sen reserva, por orde de chegada e sempre que haxa aforo dispoñible. Por outro lado, infórmase
de que, aos efectos da dar cumprimento aos protocolos de seguridade, os datos das persoas asistentes
poderán ser verificados pola organización para o acceso aos recintos.
En canto ás medidas hixiénico-sanitarias implantadas, lémbrase que haberá un punto de desinfección de
mans no acceso ao recinto. Ademais, o uso da máscara será obrigatorio durante todo o espectáculo e
non se permitirá o acceso con comida, bebida ou obxectos que poidan ser considerados perigosos pola
organización. Por último, o público permanecerá sentado en cadeiras individuais (non haberá para grupos de convivintes) durante todo o espectáculo no lugar que lle asigne a organización e realizará a entrada e saída de xeito ordenado seguindo as instrucións da organización.
NUEVO PLAN
Banda ferrolá que versiona cancións dos anos 80 e 90 (Burning, La Unión, Nacha Pop, La Guardia, Los
Rebeldes, Siniestro Total, Loquillo, Duncan Dhu…etc), composta polos feneses Cabe García e Sarita
Couce, acompañados de Coke Blanco, Marcial Badía, Rafael Pereira, Alfredo Susa Vila e Pablo Castaño.