Os Apalpadoriños do Nadal visitaron Touro o pasado venres, 18 de decembro, e estiveron no Pavillón de Deportes. Un grupo de nenos e nenas acompañados dos pais poideron desfrutaron do espectáculo de Nadal. Dende o lugar máis agochado do Courel chegaron o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de tres metros de alto aos que acompañaron Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes. A celebración adaptouse ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid19. O uso de máscaras e a hixiene de mans foi de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.