O Concello de Boqueixón finalizou o seu programa gratuíto de Venres de Lecer cunha sesión dirixida a escolares de 3º e 4º de Educación Primaria. Ao igual que nos venres anteriores, traballouse na creación de orixinais adornos de Nadal. Desta volta, elaboráronse unhas bolas navideñas a partires de bastidores para bordado, que poden valer para a árbore ou, incluso, para a porta da casa.
As nenas e nenos gozaron, así, dunha tarde chea de imaxinación, manualidades e creatividade. Dende o Departamento de Cultura, valoran moi positivamente a boa resposta acadada a este programa de lecer.