Estas axudas están dirixidas a persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para se desprazaren no transporte público colectivo
O concello, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación, informa de que o vindeiro luns rematará o prazo para solicitar as axudas económicas do bono taxi municipal para o ano 2021. Estas axudas están dirixidas a persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para usaren o transporte público colectivo.
O prazo de solicitude destas axudas de carácter individual comezou o pasado 27 de novembro e finalizará o 28 de decembro. Desde a Concellaría de Benestar Social, sinalan que se están a recibir “menos solicitudes do normal” e queren “facer un chamamento” nestes últimos días da convocatoria.