Saturday 16 de November de 2024

Voluntarios das Bibliotecas Municipais achegaranlles os libros as persoas de risco fronte á COVID


Para facer uso deste servizo só é necesario solicitalo por teléfono o ter carné da biblioteca
O servizo Préstamo a domicilio proporcionado por persoas voluntarias adáptase á nova normalidade para seguir facilitando que as persoas socias poidan solicitar e recibir na súa casa os materiais bibliográficos dispoñibles na colección das bibliotecas municipais (libros, videos, música). Deste xeito e debido as circunstancias actuais as bibliotecas municipais amplían o perfil das persoas usuarias ás que vai dirixido e achegaranlle o material as persoas de risco fronte á COVID. Ata o de agora o servizo só incluía as persoas con mobilidade reducida temporal ou permanentemente e as persoas enfermas ou que non se poidan desprazar á biblioteca por ter persoas ao seu cargo.

O Goberno que dirixe Inés Rey entende que é unha necesidade poñer os servizos públicos a disposición das persoas en situación máis vulnerable.

Para facer uso deste servizo, só é necesario solicitalo por teléfono e ter o carné da biblioteca. No caso de non telo, a persoa voluntaria levará aos domicilios os materiais solicitados xunto co formulario de alta nas bibliotecas, que é totalmente gratuíto. As condicións son idénticas ás do préstamo ordinario: 10 materiais prestados durante 30 días.

As encargadas de levar os materiais aos domicilios son persoas voluntarias, que recollerán na biblioteca os documentos, que irán nunha bolsa pechada, e levarannos aos distintos domicilios deixando as bolsas na entrada, sen que haxa ningún tipo de contacto coas persoas que o solicitan. O mesmo sucederá na
recollida, cando a voluntaria recollerá os documentos na porta do domicilio na mesma bolsa e devolveraos á biblioteca.