A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, asistiu esta maña no mercado Eusebio da Guarda ao taller impartido pola concursante de Máster Chef 8 dentro da iniciativa posta en marcha pola concello para dinamizar os mercados municipais
A Cociñeira Sara Lúa a foi a encargada de inaugurar os fogóns no obradoiro infantil de cociña que se realizou esta mañá no mercado Eusebio da Guarda. O seu carón estivo a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, que puxo en valor a importancia que teñen os mercados municipais para dinamizar o comercio de proximidade e a vida nos barrios. “Os mercados municipais son un espazo idóneo para fomentar entre os máis cativos, hábitos saudables para una alimentación responsable,
Este Nadal os sete mercados coruñeses acollerán obradoiros infantís de cociña para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Estes talleres, organizados pola Concellería de Mercados, contan coa participación de dúas grandes figuras da cociña a nivel nacional: Sara Lúa, concursante de Máster Chef 8, e Adrián Felípez, cociñeiro coruñés do restaurante Miga e do Hünico do hotel Hilton.
Os talleres desenvolveranse todos en horario matinal, das 11.00 ás 13.00 h. O 23 de decembro será a quenda do mercado das Conchiñas; o 24 no mercado Ramón Cabanillas; o día 26 no mercado de Santo Agostiño; o 28 no mercado de Elviña; o 29 no mercado de Monte Alto; e o 30 de decembro no mercado de Durmideiras.
Sara Lúa participará ademáis nos obradoiros dos mercados Eusebio da Guarda, As Conchiñas, Ramón Cabanillas e Santo Agostiño. Pola súa banda, Adrián Felípez estará nos obradoiros de Elviña, Monte Alto e Durmideiras.
Cada obradoiro conta cun máximo de 15 menores e manteranse en todo momento as distancias de seguridade e mais as medidas hixiénicas para evitar que se propague o virus.