Os Apalpadoriños estarán mañá venres, 18 de decembro, pola tarde no Pavillón de Deportes de Touro. Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de tres metros de alto aos que acompañan Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes. Os nenos e as familias poderán desfrutar con este espectáculo de Nadal. A celebración adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.