A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron esta mañá ao acto de recepción dos traballos.
O Concello de Camariñas rematou as obras de mellora dos accesos do paseo marítimo de Camelle, que contaron cun orzamento total de 68.232,43 euros. A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira Begoña Tajes acudiron esta mañá ao acto de recepción das mesmas.
Os traballos incluíron a rehabilitación e renovación dun tramo da rúa Campo de Area, que dá acceso ao paseo marítimo, dentro do núcleo urbano de Camelle. Renovouse a rede de saneamento, construíuse unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Dentro deste proxecto levouse a cabo a urbanización da rúa anteriormente mencionada, a de Campo de Area, co obxectivo aumentar a seguridade dos peóns e acondicionala para persoas con mobilidade reducida.
A alcaldesa, Sandra Insua, sinalou que ‘con esta obra dotamos ao núcleo de Camelle dun acceso acorde á importancia natural e patrimonial do mesmo.
Dentro deste novo proxecto contemplamos o aumento da protección dos viandantes cando teñan que usar este treito”, sinalou a rexedora.