O alcalde, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Belo, entregaron a cada un unha flor de Nadal en nome do Concello.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Belo, deron hoxe a benvida ás traballadoras e aos primeiros usuarios e usuarias do Centro de Día dá Regueira, que hoxe abriu as súas portas por primeira vez. Antonia, Manuel e Antonia, da quenda da mañá, mostráronse encantados coas instalacións e as vistas desde o centro.
Manuel Vázquez Faraldo, que entregou a cada un unha flor de Nadal en nome do Concello de Miño, explicou que “ despois de 11 anos era un momento moi agardado para todos xa que este centro dará servizo a moita xente de Miño, non só aos usuarios se non tamén ás súas familias” e agradeceu “a labor do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar”.