Saturday 16 de November de 2024

O Concello subscribe convenios por valor de máis de 6.000 euros con 7 entidades deportivas de Carral


Estes acordos foron asinados coa U.D. Carral, o Club de Patinaxe Alquimia, o Club de Ximnasia Rítmica, o Centro Ecuestre Finca Abrigosa, o Club Deportivo Ares Racing, o Club BTT Carral e o Club de Tiro Olímpico

O Concello de Carral acaba de reforzar o seu compromiso cos deportistas do municipio. Fíxoo mediante a sinatura de convenios por valor de máis de 6.000 euros con 7 entidades deportivas de Carral. Desde o goberno local inciden na importancia de seguir promovendo e axudando aos deportistas carraleses e carralesas, máis aínda “nun ano tan complicado, no que moitos e moitas tiveron que parar a súa actividade, deixando de participar en competicións”.

Os acordos subscribíronse coa U.D. Carral, o Club de Patinaxe Alquimia, o Club de Ximnasia Rítmica, o Centro Ecuestre Finca Abrigosa, o Club Deportivo Ares Racing, o Club BTT Carral e o Club de Tiro Olímpico.

As contías servirán para sufragar, entre outros, os seguintes gastos: desenvolvemento de actividades e posta en marcha de escolas deportivas, organización e participación en torneos e competicións, adquisición de material, transporte, licencias federativas, realización de charlas, etc.