Friday 22 de November de 2024

A Xunta realiza traballo de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Dubra, Loureiro, Rego do Souto e Rego do Faxón no concello de Val de Dubra


As tarefas de Augas de Galicia lévanse a cabo en tramos destes ríos no seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Bembibre, Coucieiro e Niveiro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Dubra, Loureiro, Rego do Souto e Rego de Faxón, no concello de Val do Dubra.
As tarefas estanse a desenvolver en diversos tramos destes ríos, que coinciden co seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Bembibre, Coucieiro e Niveiro.
Estes labores forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta e atoamentos existentes. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.