Friday 22 de November de 2024

O Concello pon en marcha a campaña de promoción do comercio de proximidade “Este nadal agasalla deseño”


O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, pon en marcha a partir de hoxe e ata o 5 de xaneiro, a campaña “Este Nadal regala deseño” co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a campaña esta mañá acompañado do presidente de Ourives de Compostela, Arturo Ouro.

A iniciativa inclúe unha promoción específica no Mercado de Abastos con obradoiros demostrativos a cargo de mestres artesáns e unha campaña de bonos desconto por valor total de 7.000 € para trocar nos establecementos que forman parte da Asociacion de Ourives.

Cada tenda disporá do mesmo importe de descontos que poderá repartir entre os seus clientes segundo o importe da compra realizada. O desconto mínimo será de 5€ para compras entre 20€ e 30€. Un 20% de desconto para compras entre 31€ e 50€ e un 25% para as que superen os 51€ . O importe máximo será de 100€ e as compras deberán realizarse mediante tarxeta ou transferencia bancaria.

Pola súa banda os obradoiros correrán a cargo dos mestres ourives Julio Lado Martínez, Manuel Tojo Tojo, Ricardo Rivas Casal e Adonis Suárez López. Estas demostracións en vivo de orfebrería e acibechería, terán lugar os sábados 19 e 26 de decembro e o 2 de xaneiro, entre as 11.30 e as 13.30 horas na aula do Mercado de Abastos.

Julio Lado desenvolverá diferentes procesos de cincelado en bandexa e botafumeiro de prata. Pola súa banda Manuel Tojo realizará unha exhibición sobre a elaboración de colgante en prata e acibeche coas técnicas tradicionais de filigrana. Ricardo Rivas fará unha talla de acibeches en distintas formas e Adonis Suárez unha pulseira-brazalete en prata e acibeche, tamén con técnica tradicional de filigrana. Os obradoiros son de balde ata completar aforo.