A nova ordenanza levará ao pleno que se celebrará a próxima semana e permitirá mellorar a organización dos postos e estabilizar as feiras.
O Concello de Miño pretende potenciar as feiras e os mercados creando unha regulación específica que dará máis seguridade aos vendedores. Farao a través dunha ordenanza que levará ao último pleno do ano, previsto para a próxima semana.
Ata o momento non existía ningún tipo de regulación para estas actividades nin existían títulos de concesión de postos. Cando a ordenanza entre en vigor permitirá que se reatribúan todos os postos do feirón dos domingos (as persoas interesadas poderán volver optar ao seu) e todos terán unha localización fixa. Ademais, especificaranse as condicións hixiénicas e administrativas que deben rexer a venda ambulante e darase a posibilidade de pedir unha autorización anual ou eventual.
No caso das licenzas anuais, no texto tamén se incorporará a obrigación de ter unha asistencia mínima para evitar que haxa xornadas nas que haxa moitos vendedores e outros nos que a asistencia sexa menor.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explicou que “ou noso obxectivo é darlle un púo ao feirón dous domingos e para iso estas normas son imprescindibles. Por unha banda benefician ao concello porque dan garantía de estabilidade e, polo outro, aos vendedores xa que saben que teñen unha localización fixa”.