Friday 22 de November de 2024

Cambre presenta as súas actividades para persoas con diversidade funcional


Destcan entre as actvidades a saída de Ocio nocturna, Sábado de Cine, Programa “Luar”, Xornada deportiva BOCCIA, Talasoterapia, Excursión Lalín, Visita Casa dos Peixes, Bolera Santa Cristina, Partido fútbol estadio Riazor

Como ven sendo habitual dende a entrada no goberno municipal de Cambre, a concelleira de benestar social, dona Mª jesús González Roel, por cuarto ano consecutivo presentará hoxe pola tarde no salón de Plenos a Programación de lecer para persoas con diversidade funcional, prevista para todo o exercicio do 2015. Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación se quere ofrecer ás familias con persoas con algún tipo de discapacidade ao seu cargo, propostas de ocio no mundo da diversidade funcional.
As dificultades de integración social coas que se atopan as persoas adultas con discapacidade do municipio de Cambre é evidente polo que é unha obriga dende o punto de vista político intentar integrar a este colectivo mediante actividades de ocio diversas tales como: ir ao cine, visitas culturais a museos, saídas de ocio nocturno, ir á bolera, a cear,…..
Ademais de ser unha oportunidade para crear vínculos entre eles e tamén entre as familias e o concello.
Toda persoa interesada poderá acceder a estas actividades presentando a solicitude correspondente e anotarse a todas ou parte das salidas programadas.

A programación para este ano é a seguinte:

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES DE OCIO 2015

Actividade Data Horario orientativo
Saída de Ocio nocturna 20/02/2015
12/06/2015 20:00 – 04:00
Sábado de Cine 27/06/2015
24/10/2015 17:00 – 21:00
Programa “Luar” 13/03/2015 19:00 – 03:00
Xornada deportiva BOCCIA 28/03/2015
10/10/2015 10:30 – 12:30
Talasoterapia 11/04/2015 11:00 – 13:00
Excursión Lalín 25/04/2015 09:30 – 19:00
Visita Casa dos Peixes 16/05/2015 11:30 – 17:30
Bolera Santa Cristina 30/05/2015 12:30 – 17:00
Partido futbol estadio Riazor Sen confirmar Sen confirmar
Saída fin semana Setembro – outubro (sen confirmar) Sen confirmar