A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acollerá este venres 11 de decembro, ás 20:30 horas, a charla-coloquio do escritor Rodrigo Costoya Santos: “A incrible historia do galego Cristovo Colón. De Poio a Baiona”. Un acto no que o escritor compostelán, autor da novela histórica “Portosanto”, diserta sobre a orixe e as peripecias vitais do descubridor de América.
A xornada, organizada polo Concello de Brión en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, é de entrada libre, se ben o aforo será moi limitado por mor das medidas preventivas fronte á covid-19. Entre todas as persoas asistentes sortearanse cinco exemplares da novela “Portosanto”.