Friday 22 de November de 2024

O Concello impulsa a campaña “Merca Local no Nadal” para dinamizar o pequeno e mediano comercio local e a hostalería


Poderá solicitar a participación na mesma calquera PEME do sector comercial, hostaleiro, de restauración ou industrial, independentemente da súa actividade, radicados no termo municipal.

O Concello de Malpica impulsa a campaña “Merca Local no Nadal” para dinamizar o pequeno e mediano comercio e a hostalaría. Durará desde o día 15 de decembro do 2020 ata o 5 de xaneiro de 2021.
Poderá solicitar a participación na mesma calquera PEME do sector comercial, hostaleiro, de restauración ou industrial, independentemente da súa actividade e sempre e cando estean radicados no termo municipal. A data límite de presentación será o 14 de decembro de 2020 ás 14:00 horas.
O premio, dotado dun total de 1.000 euros, consistirá en 5 tarxetas prepago de 200 euros cada unha, as cales poderán usarse nos establecementos adheridos á campaña.
Terá unha validez de dous meses desde a entrega das tarxetas.
O Concello proporcionaralle aos participantes a publicidade necesaria para o desenvolvemento da campaña, así como as papeletas e urnas, as cales se repartirán a partes iguais entre os comercios adheridos.
É requisito indispensable devolver as papeletas e a urna entre os días 7 e 11 de xaneiro de 2021, e o sorteo celebrarase o día 12 de xaneiro ás 12:00 horas. Tamén é necesario que os establecementos conten con TPV para que os premiados poidan consumir nos seus locais o importe das tarxetas prepago. As bases xa se poden consultar na páxina web do Concello de Malpica.
O concelleiro de Promoción Económica, Sergio García, destaca a “complexa situación que este sector está a vivir pola incidencia da covid-19, e o noso deber é impulsar iniciativas deste tipo para promover a súa reactivación”, incide o edil.