Friday 22 de November de 2024

Un total de nove mulleres participaron no Programa Muller TIC


A Casa da Mocidade albergou dende o día 30 de novembro ata 4 de decembro o Programa Muller TIC, unhas xornadas formativas dirixidas a mulleres na busca de emprego mediante a utilización das novas tecnoloxías.
As nove participantes recibiron no día de hoxe os diplomas acreditativos e un cuestionario para cubrir.
Esta acción formativa desenvolveuse seguindo a modalidade presencial, cun total de 20 horas. A docente Paula Barreiro foi a encargada de imparti-las clases conformadas polos seguintes módulos: Emprego Galicia (Emprego Galicia – Emprego Xunta, Oficina Virtual, MOBEM, certificados de profesionalidade, PIE, obradoiros duais-, Sepe e Emprego de Empresa Ordinaria/Emprego Protexido – EIL, CEE-); Competencias dixitais básicas orientadas á mellora da empregabilidade (crear cartafois, gardar ficheiros, achegar ficheiros por correo electrónico e funcións básicas do procesador de textos); e Ferramentas de busca de emprego (autocoñecemento -competencias profesionais-, perfil profesional e obxectivo profesional -análise DAFO, test para defini-lo obxectivo profesional, currículo -2.0 e carta de presentación- e emprego 2.0 -portais de emprego, ETT, autocandidaturas, rede de contactos, redes sociais e emprego público-).
Ademais, nos próximos meses as participantes farán un itinerario personalizado de inserción laboral (IPI).
Organizado pola Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), este proxecto enmárcase na Red Araña e está cofinanciado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta.