Friday 22 de November de 2024

Tania Méndez e José López, gañadores do XV Concurso Fotográfico Touro en Imaxes


Tania Méndez Fuentes e José López Pérez son os gañadores do XV Concurso Fotográfico Touro en Imaxes. O xurado, reunido onte no Concello de Touro, elexiu como gañadoras as obras O camiño do holandés (vía láctea) sobre o coto de San Sebastián visto dende o camiño do holandés e Luz celestial. A autora da primeira fotografía é Tania Méndez e gañou no apartado de Adultos Natureza. O autor de Luz celestial, gañadora do apartado de Adultos Patrimonio, é José López. O Concello de Touro agradece a participación de todos os fotógrafos que enviaron obras para concurrir a unha nova edición do Concurso Fotográfico Touro en Imaxes, que en 2020 cumple quince anos. E tamén felicita aos gañadores. O Concello de Touro, con esta iniciativa, aposta pola revalorización do seu patrimonio natural e cultural e destaca que apreciar as imaxes participantes “supón unha oportunidade para gozar polos diferentes camiños de Touro da súa beleza paisaxística e cultural”. As obras participantes serán expostas ao público.