Saturday 16 de November de 2024

Malpica acollerá o domingo unha doble sesión de teatro con Contos no mercado e Camiño da lingua


A primeira celebrarase no Mercado de Abastos este domingo ás 12:00 horas, e a segunda, no Centro Comarcal de Buño, ás 17:00 horas.

O Concello de Malpica, acollerá este domingo unha doble sesión de teatro con Contos no mercado e Camiño da lingua. A primeira celebrarase no Mercado de Abastos este domingo ás 12:00 horas, e a segunda, no Centro Comarcal de Buño, ás 17:00 horas.
Para a reserva de entrada é necesario enviar unha mensaxe privada ao Facebook do Concello.
Na sesión matinal, catro contadoras distintas en catro espazos distintos do Mercado dividirán o espectáculo para catro grupos de cinco persoas, e cada un irán escoitando as historias que teñen preparadas Alba Bermúdez, Vicky Pérez, Chus Álvarez e José Leis.
En Camiño da lingua, Xan vén de participar no concurso que leva de nome o da obra, coa intención de levar o gran premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e a lingua galega.
Ambos espectáculos están recomendados para público familiar e contarán, en todo caso, con estritas medidas de seguridade e hixiene.