O Concello establecerá os novos horarios cos veciños
O concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, estivo a manter nos últimos meses varias xuntanzas cos veciños do lugar do Son, na parroquia da Gracia, nas que se estudaron as posibles melloras do transporte na zona, así como o seu encaixe adminstrativo competencial.
Dende a directiva da Asociación de Veciños propúxoselle ao Concello o necesario aumento de paso da liña de transporte urbano. Por parte da administración local, e aunando os principios de servizo público e proporcionalidade de acordo coa potencial demanda, presentóuselle á asociación unha mellora no servizo.
Segundo se acordou na xuntanza mantida na tarde de onte coa asociación, esta celebrará nos vindeiros días unha asemblea na parroquia coa finalidade de concretar a mellor estructura horaria de xeito que se garantan as necesidades de transporte na zona.
Unha vez acordado o servizo e comunicado ao Concello, informarase ao conxunto dos usuarios das novas frecuencias, que comezarán a operar o antes posible.