Friday 22 de November de 2024

Pais e nais de Touro aprenden a recoñecer os perigos da internet para os seus fillos


Pais e nais de Touro participaron hoxe nunha xornada de información sobre Redes sociais… Que se esconde tras elas?, organizado polo Servizo de Prevención de Conductas Aditivas de Touro, Boqueixón e Teo e no que participa o Departamento de Servizos Socias do Concello de Touro. Ana Alonso, psicóloga experta en adicións que colabora co proxecto Aprender a educar, con sede en Ames, falou a un grupo de país e nais sobre eses riscos para os máis novos na internet. “O maior perigo é que ao outro lado da rede non sabemos quen está”, apuntou a psicóloga, quen destacou “o perigo de que haxa adultos que poidan aproveitarse da vulnerabilidade dos menores”. Ana Alonso recomendou retrasar o acceso de datos e aparellos electrónicos por parte dos máis novos da familia porque así “será moito mellor para eles”. A experta respostou a cuestións como si se debe premiar aos filos con xogos virtuais, si se debe castigar aos nenos e nenas sen maquiniñas, si as redes sociais son tan inofensivas como se cre ou si, por exemplo, é preciso establecer un control parental. A psicóloga, entre outros consellos, recomendou aos país que os nenos e nenas accedan á internet nun espacio común no que se poida supervisar os contidos aos que acceden os fillos. Tamén destacou que é importante que os pais e nais se interesen e teñan curiosidade por saber con quen están falando ou contactando os seus fillos. “É fundamental a confianza e a comunicación entre pais e fillos”, dixo a experta, que tamén destacou as bondades da internet e das redes sociais, porque “ben utilizadas son unha ferramenta fundamental para axudar ao desenvolvemento dos máis pequenos”.