Friday 22 de November de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


AVELINO GONZÁLEZ: “CONTOS QUE FORON CHISTES”

Sábado 5 de decembro – 19.30 horas – Auditorio Municipal

Entrada gratuíta. Podes recoller a túa invitación (máximo dúas por persoa) no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o venres pola tarde.

Actuación incluída no programa REDE CULTURAL da Deputación da Coruña.

Contos que foron chistes:

Moitos chistes cos que hoxe rimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, ricos, políticos, … que hoxe mudaron as formas pero non os contidos nin o fondo: Rir. Nomeadamente de quen manda.
É algo así como se dixeramos “se non podes desobedecer, cando menos ri”.

Ademais, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un. Por isto hai contos que se contan moi, moi semellantes en distintos países. É como se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así hai contos que coñecemos como moi galegos, que se contan hoxendía na China ou no Vietnam.

A tradición é unha peneira que non deixa de peneirar, neste caso contos. E os que chegaron ós nosos días, che- garon porque son bos, porque teñen sentido, e porque cumpren ca función para o que foron creados pola xen- te, descoñecida pero con nome, que os creou: Rir e facer rir.