Poderán participar ata 20 persoas e desenvolverase durante 9 meses.
Os alcaldes dos Concellos de Miño, Pontedeume, Monfero, Cabanas e Paderne asinaron hoxe o
convenio do obradoiro de emprego ‘ Artabroemprende’, que se desenvolverá durante nove meses e no
que poderán participar ata 20 persoas. A subvención, concedida pola Consellería de Emprego e
Igualdade da Xunta de Galicia, conta cunha dotación económica de 346.946 euros.
O acto, no que participaron Manuel Vázquez Faraldo, Bernardo Fernández, Andres Feal, Carlos Ladra e
César Longo, é o punto de partida para nomear o Tribunal de selección do equipo docente e do
alumnado.
Desenvolverase en dous módulos, a destacar o de ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes’ e
o de ‘Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais’. No municipio miñense, os, escenarios
escollidos para a formación son o Parque dás Idades, a área de descanso do Camiño Inglés de Buiña, o
áres de descanso do Camiño Inglés en Ponte do Porco, nas rúas interiores de Costa Miño, nas praias
de Miño (Alameda, Ribeira, Grande, Lago, Marín e Perbes), no antigo colexio de Gallamonde, nas
rúas A Barrosa, A Carreira, Raxel, Real, Pardiñeira e na avenida de Xarío.