Proseguindo co plan de mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano co obxectivo de ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade, dende a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal procedeuse á colocación dunhas novas persianas de seguridade na cantina situada no estadio municipal da Alta.
A actuación foi executada por Cerrajería Paz García S.L. e supuxo un investimento de 3400 euros.