Monday 25 de November de 2024

Broken Peach e Human achegarán a súa música ao público pobrense


A Pobra do Caramiñal, 01 de decembro de 2020.- A Pobra do Caramiñal engade dous eventos máis ao seu calendario de actividades para este mes de decembro, focalizándose, nesta ocasión, no eido musical.
Organizada pola Concellaría da Cultura, en colaboración coa produtora Silencio Roto, a primeira destas citas será no sábado 12 co debut da banda Human, un trío de rock e soul formado por músicos da localidade: Martín Sánchez, Marcos Outeiral e Ricardo Boo.
Así mesmo, no venres 18 será a quenda da actuación de Broken Peach. Trátase dun grupo que fusiona música e espectáculo, e que interpreta varios estilos.
En ámbolos casos, os concertos transcorrerán no Elma a partir das 20.00 horas, mais ás 19.15 horas terá lugar a apertura de portas.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas que desexen asistir deberán reserva-la súa entrada de balde a través do teléfono de contacto 678998247.