No marco destes controis os axentes realizaron 53 inspeccións en seis concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 26 persoas
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 21 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 53 inspeccións en once concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 26 persoas e a tramitación de 22 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 27 ao 29 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.
Leváronse a cabo dispositivos en seis municipios da provincia en Bergondo, A Coruña, Frades, Ordes, Sada e Santiago de Compostela.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron en 115 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 324 persoas identificadas e 50 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.