Friday 22 de November de 2024

A Pobra suma unha quincena de contedores para aceite de cociña usado


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal informa de que procedeu á colocación dun contedor destinado á recollida de aceite de cociña usado na explanada da Pedreira, no Camiño Ancho.

Deste xeito, o concello suma un total de 15 colectores repartidos por distintas localizacións, que son as que se indican a seguir: lugar de Caíños, fronte ó bar O Campiño; rúa da Angustia, xunto a Muebles Lijó; lugar da Virxe do Monte, xunto á capela; rúa Venecia, xunto á pista deportiva; rúa do Curraliño, na esquina da casa Raquel Fernández Soler; na zona verde da rúa Lamas e Andrés; na zona verde da rúa Barrantes, urbanización O Lagar; no lugar da Covecha, fronte ás pistas de tenis; no aparcadoiro do recheo; no parque do Castelo, fronte ó bar O Facho; no lugar da Costa, fronte á panadaría O Forno do Maño; na Ribeiriña, xunto á marquesiña do bus; na estrada de Lesón, xunto ós contedores amarelo e azul; no paseo dos Areos, fronte ó supermercado Gadis; e o recentemente instalado na xa referida explanada da Pedreira, no Camiño Ancho.

Cómpre lembrar que o depósito do aceite debe realizarse en recipientes de plástico, senón escachan e producen verteduras.

É unha acción a prol do coidado do medio ambiente que busca a implicación da cidadanía