Friday 22 de November de 2024

Malpica acollerá o domingo a obra de teatro ‘A compañeira de piso’ como colofón aos actos polo 25 de novembro


Será no Centro Cívico e o aforo estará limitado a 30 persoas por mor da incidencia da covid-19.

O Concello de Malpica acollerá este domingo a obra de teatro ‘A compañeira de piso’ como colofón aos actos polo 25 de novembro. Será no Centro Cívico ás 19:00 horas e para reservar asento é necesario chamar ao teléfono do Concello, no 981 72 00 01, indicando o nome, apelidos, enderezo electrónico e número de teléfono.
Con motivo da incidencia da covid-19, o aforo estará limitado a 30 persoas, polo que é imprescindible reservar asento.
Por outra banda, mañá, 28 de novembro, desenvolverase un obradoiro, organizado pola Asociación Visibles, para pais e nais ‘Educando en Igualdade’, tamén no Centro Cívico ás 11:30 horas. A asistencia a este seminario é de balde, pero é necesario chamar ao número 687 996 633, xa que o aforo estará tamén limitado.