Friday 22 de November de 2024

Miño instaura a cobranza con TPV na administración local para facilitar e axilizar os trámites aos veciños


Os usuarios e usuarias poderán empezar a pagar con tarxeta de crédito a partir do mes de decembro

O Concello de Miño instaura un sistema de cobranza con Terminal Punto de Venda ( TPV) na administración local co obxectivo de facilitar e axilizar os trámites nas súas xestións aos veciños e veciñas do municipio.
A partir do mes de decembro os usuarios e usuarias poderán empezar a pagar con tarxeta de crédito na administración local, o que supón un aforro de tempo ao evitar viaxes ao banco e tamén é un método moito máis cómodo e áxil na tramitación administrativa.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destacou que “implantando este sistema continuamos modernizando a administración para prestar un servizo máis eficiente aos cidadáns, que son vos máis beneficiados” e lembrou que “de tódolos xeitos aqueles veciños e veciñas que ou desexen poderán seguir pagando non banco”.