Ata o 8 de marzo haberá saídas todos os fines de semana en seis quendas cun centenar de participantes
A campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña arrancará este venres coa viaxe dun centenar de rapaces de concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal á estación de esquí de Manzaneda.
Así, os primeiros autobuses partirán da explanada de Fimo ás 15 horas, con participantes procedentes dos concellos de Ares, As Somozas, Cariño, Cedeira, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño. Regresarán o domingo, despois de pasar toda a fin de semana practicando esquí tanto coa axuda de monitores como de xeito libre.
De feito, o obxectivo desta campaña é que a xuventude da provincia (a campaña está aberta para os rapaces nacidos entre os anos 2001 e 2005) teña un primeiro contacto con este deporte, nunhas xornadas nas que se inclúen diversas actividades deportivas e tamén o aluguer de material, os remontes mecánicos e os seguros.
Tras este primeiro fin de semana, sucederanse outras cinco quendas máis, cada unha cun centenar de participantes, co que sumará a participación de 600 rapaces dos 93 municipios da provincia.
As seguintes quendas establecidas son:
• Do 6/2 ao 8/2, con saída do estadio de San Lázaro. Ames, Boqueixón, O Pino, Ordes,Oroso, Santiago de Compostela, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
• Do 13/2 ao 15/2, con saída da explanada de Riazor: A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
• Do 20/2 ao 22/2, con puntos de saída de Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Melide: As Pontes, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Miño, Pontedeume, Sada, A Capela, Coirós, Irixoa, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior, Abegondo, Vilasantar, Mesía, Frades, Curtis, Santiso, Toques, Melide e Arzúa.
.
• Do 27/2 ao 1/3, con saídas desde Boiro, Padrón, Santa Comba, Muros e Noia: Boiro, Porto do Son, Ribeira, A Pobra, Rianxo, Padrón, Negreira, Santa Comba, A Baña, Muros, Carnota, Dodro, Lousame, Noia, Outes e Brión.
• Do 6/3 ao 8/3, con saídas en Carballo, Arteixo, Cee, Baio e Ledoño: Carballo, Coristanco, Laracha, Arteixo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Cee, Camariñas, Laxe, Ponteceso, Vimianzo, Zas, Cabana de Bergantiños, Cerceda, Tordoia e Carral.