Thursday 21 de November de 2024

A Xunta impartirá tres obradoiros de Muxía, A Laracha e Vimianzo para formar a 56 alumnos cun investimentos de máis de 1M€


O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou esta mañá o obradoiro xuvenil que comezou fai unhas semanas en Vimianzo,. En total, estanse a formar a 16 alumnos en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería grazas a unha achega da Xunta de máis de 369.000 euros.
O representante da Xunta na Coruña destacou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte está prevista a realización de tres obradoiros dous ordinarios duais e un de garantía xuvenil. Concretamente os ordinarios celebrarase en Muxía, compartido con Camariñas e Vimianzo e outro na Laracha e o de garantía xuvenil iniciouse xa en Vimianzo. A Xunta achega máis dun millón de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.
O curso de Muxía formará a 20 alumnos en promoción turística local e información ao visitante e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes; o curso da Laracha centrarase en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes e en traballos de carpintería e moble e o de garantía xuvenil de Vimianzo en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería.
O representante do Goberno autonómico puxo en valor esta formación porque “non sería posible sen a estreita colaboración entre Concellos e Xunta. A administración autonómica é a que aporta o financiamento e os concellos a organización”. “É o mellor exemplo, recalcou, do éxito cando existe unha boa colaboración entre administracións”.
Trenor destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses.

O representante do Goberno autonómico destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego incluso antes de rematar a súa formación. “Por iso é tan importante que aproveitedes cada minuto deste ano de formación”
O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante 9 meses e de de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”