A decisión tómase tras o anuncio do SERGAS en que se especifica claramente que, como medida de prevención de contaxios da Covid-19, non se poden realizar cursos de natación grupais
As Escolas Deportivas Municipais suspenden os cursos de natación en San Diego e San Amaro segundo a instrución da Xunta de Galicia. A decisión tómase tras o anuncio do SERGAS en que se especifica claramente que, como medida de prevención de contaxios da Covid-19, non se poden realizar cursos de natación grupais.
Até o momento, e debido ás consultas realizadas á Consellería de Sanidade, o Concello da Coruña estaba organizando os devanditos cursos de forma individual e seguindo un estrito protocolo fronte á Covid-19. Con todo, e ante este escrito da administración autonómica, a Concellería de Deportes vese na obriga de suspender os cursos até que a Consellería de Sanidade se pronuncie sobre as novas restricións na cidade a partir do vindeiro 4 de decembro.
Desde esta concellería aclaran que o deporte individual nestas piscinas segue estando permitido, así como o deporte colectivo federado.