A Concellaría da Sanidade da Pobra do Caramiñal anuncia que se procedeu á colocación dun toldo nas
inmediacións do centro de saúde para a realización de tests da COVID-19, en horario de 12.30 a 13.30 horas, sen se tratar, polo de agora, dun cribado, tal e como expuxo a edil Patricia Lojo. Deste xeito, as persoas que poidan estar contaxiadas por coronavirus acudirán no seu vehículo e, sen baixaren do turismo, persoal sanitario realizará o test. Deseguido, estacionarán o seu coche á espera de coñece-lo resultado da proba nas prazas reservadas para tal fin.
Cómpre indicar que o toldo foi colocado na área de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, mais habilitouse outra zona nova. Ademais, a dita cuberta de lona permanecerá non só no horario indicado anteriormente, senón da mañá á noite, por se houbese calquera mostra que fose preciso tomar con urxencia. Así mesmo, realizaranse diariamente os labores de desinfección nas inmediacións.
Cóntase coa colaboración da Protección Civil e da Policía local.