Friday 22 de November de 2024

O Concello e a Cruz Vermella impulsan un programa formativo para as entidades deportivas da cidade


As persoas interesadas en inscribirse a estes cursos deben facelo a través do portal web municipal de Deportes

O Concello, a través da Concellería de Deportes, e a Cruz Vermella impulsan un programa formativo para as entidades deportivas da cidade. A iniciativa encádrase no marco do convenio nominativo entre esta concellería e a organización durante o 2020 e está dirixida ás federacións e entidades deportivas da cidade, especialmente a técnicos, monitores, adestradores e, en xeral, a persoas vencelladas ao ámbito deportivo que dirixan actividades deportivas de grupos ou deportistas individuais.

Onte iniciouse o curso en liña de primeiros auxilios no deporte, de 20 horas de duración e que estaría dispoñible até o 20 de decembro para 30 alumnos/as. As persoas interesadas deben inscribirse a través de:

https://www.coruna.gal/deportes/gl/detallesuceso/curso-gratuito-de-formacion-
online-primeiros-auxilios-no-deporte/suceso/1453747591512