Saturday 16 de November de 2024

O Concello licita o programa de actividades socioeducativas ‘Concilia Cariño’ para Nadal, Semana Santa e verán


Uno dos obxectivos principais do mesmo é facilitar a conciliación real da vida persoal, familiar e laboral.
O Concello de Cariño vén de sacar a licitación o programa de actividades socioeducativas ‘Concilia Cariño’ durante Nadal, Semana Santa e verán, por un total de 40.554,36 euros. Terá unha vixencia de dous anos e existe a posibilidade de sumar outros dous de prórroga.
Un dos obxectivos principais do mesmo é facilitar a conciliación real da vida persoal, familiar e laboral, así como traballar conscientemente a transversalidade da igualdade de xénero e educar en valores a través da diversión e a cooperación, establecendo relacións sas, non competitivas e non conflitivas.
O programa, en calquera caso, estará adaptado á situación actual provocada polo coronavirus. O horario será de 10:00 a 14:00 horas e ofertarase un servizo de acollida entre as 9:30 e as 10:00 horas, e entre as 14:00 e as 14:30 horas.
Está destinado tanto a veciñas e veciños do Concello de Cariño e limítrofes, e con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en Educación Infantil e Primaria. O número de prazas é de 36, podendo sempre limitarse segundo a normativa vixente en base á incidencia do coronavirus.
Cabe destacar que, para facilitar o desenvolvemento das actividades, os contidos do programa serán adaptados dun modo específico tanto ás idades como ás capacidades que presenten os e as participantes. Para tal fin, as actividades levarán a cabo en grupos baseándose na idade e os campamentos de desenvolverán ao redor dunha temática específica.
O alcalde, José Miguel Alonso, destaca a “relevancia que este tipo de programa ten á hora facilitar a conciliación ás familias nas datas nas que máis difícil resulta, e se a iso sumamos o contexto actual provocado polo coronavirus, cremos que se antolla imprescindible impulsar este tipo de actividades”, destacou o rexedor.