A situación sanitaria impediu a celebración do tradicional Pleno Infantil, polo que se está a traballar tamén na elaboración dun vídeo
Un ano máis, o Concello de Boqueixón participa na conmemoración do Día Internacional da Infancia. Unha iniciativa que se desenvolve virtude do convenio de colaboración con Unicef e que ten como principal obxectivo poñer de manifesto a necesidade de defender os dereitos das nenas e nenos. O lema deste 2020 é Desmutea á Infancia!
Debido á crise sanitaria pola COVID-19, non se pode desenvolver o xa tradicional Pleno Infantil que se viña celebrando con motivo desta efeméride na Casa do Concello. Porén, dende o Departamento de Servizos Sociais decidiron desenvolver unhas iniciativas alternativas. Así, o alumnado de 6º de Educación Primaria do CPIP Antonio Orza Couto traballa na elaboración dunha manualidade e dun vídeo explicativo sobre os dereitos da infancia.
Deste xeito, os nenos e nenas traballan nesta temática a través de distintos materiais informativos. Ao mesmo, segundo indican dende o Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón, “estase a abordar a Escoita Activa para reflexionar sobre a comunicación”. Este traballo verase reflictido na manualidade e no audiovisual que se fará público nos vindeiros días.