Friday 22 de November de 2024

A biblioteca municipal volve abri-las súas portas


A biblioteca municipal Victoriano García Martí volve presta-los seus servizos á cidadanía despois de que permanecese pechada dende principios desta semana por medidas preventivas enmarcadas no protocolo fronte á COVID-19 do Concello.
Ningún traballador ou traballadora municipal deu positivo na proba para a COVID-19, pero si houbo contacto directo con outra persoa (non residente na Pobra) que posteriormente resultou afectada pola enfermidade.
No día de onte practicóuselle a PCR ao empregado e hoxe comunicouse que o resultado foi negativo. Aínda así, tal e como establece Sanidade, terá que continuar en corentena.
Mentres tanto, a súa función será desenvolvida por outro integrante do cadro de persoal municipal.