Acondicionamento do interior do Punto de Atención á Infancia ( PAI)
O Concello de Cariño acometeu obras de acondicionamento no interior do Punto de Atención á Infancia ( PAI) para eliminar as humidades que afectaban a algunha das paredes deste espazo.
Así, a empresa encargada dos traballos levou a cabo a limpeza das humidades, pasteó as paredes e instalou un vinilo de cor para mellorar a estética e protexer o espazo.