Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón adquire unha desbrozadora para optimizar os labores de limpeza de viarios municipais


O Concello de Boqueixón vén de adquirir unha desbrozadora. O alcalde, Manuel Fernández Munín, presidíu esta mañá a recepción da mesma, nun acto no que estivo acompañado polo concelleiro de Servizos Xerais, Seguridade, Medio Ambiente, Vías e Obras, Jesús Sanjuás.
O rexedor salientou que este novo accesorio “permitirá a optimización dos labores de limpeza e desbroce dos viarios municipais, reforzando, tamén, a prevención contra incendios”. A adquisición deste apeiro supuxo un investimento de 15.000 euros e contou cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia da Xunta.
A desbrozadora conta cunha trituradora móbil, o que permite que se adapte a diferente tipo de terreos. De feito, está especialmente deseñada para terreos inclinados, polo que resulta ideal para os bordes das estradas.