Friday 22 de November de 2024

A biblioteca municipal permanecerá pechada por medidas preventivas


A biblioteca municipal Victoriano García Martí permanecerá pechada por prevención por un tempo
indefinido. Ningún traballador ou traballadora municipal deu positivo na proba para a COVID-19, pero si houbo contacto directo con outra persoa (non residente na Pobra) que posteriormente resultou afectada pola enfermidade.
Polo tanto, agardando o resultado da proba deste traballador que se espera coñecer mañá, procédese a pechar temporalmente o servizo. No caso de que o resultado sexa negativo, reabrirase a biblioteca de xeito inmediato. Se o resultado for desfavorable, o Concello seguirá o protocolo indicado dende o departamento de Medicina Preventiva do Servizo Galego de Saúde.
Trátase dunha medida enmarcada dentro do Protocolo de Medidas de Prevención fronte á COVID-19 do Concello.